miércoles, 23 de abril de 2014

PREMIO AO ALUMNO INTEGRAL

  Unha nova inciciativa no noso proxecto, unha das mais importantes deste curso académico. Como novidade implantamos o premio ao alumno integral. Tentamos premiar aos alumnos que se distingan por ter boas conductas nas relacións sociais, que fagan actividade física de forma regular preocupándose polo tanto da súa saude e tamén avanzar positivamente no seu rendemento académico.

   A través do blogue informamosvos de que na clase de Educación Física, e nas tutorías se vos vai contar en que consiste o premio e que necesitamos de vos, porque vos, tamén sodes xuíces neste premio.

   A continuación parte do díptico que se vos vai entregar...

   Como non, é Cesurín quen vos guía...



No hay comentarios:

Publicar un comentario