sábado, 12 de abril de 2014

COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE

   Informar a toda a comunidade educativa de que o departamento de pedagoxía da facultade de ciencias da actividad físcia e o deporte, xa pasou polo centro a recoller os cuestionarios.

   O noso centro ao ter un proxecto deportivo de centro en marcha, foi escollido pola facultade para levar a cabo un estudio lonxitudinal. Tanto profesores, coma pais e alumnos estivemos a cubrir uns cuestionarios sobre os nosos hábitos relacionados co mundo da Educación Física. A idea e que o curso que ven, volvamos a facelo, e así ir comprobando as nosas evolucions ao respecto.

   Isto é unha liña de actuación mais dentro do noso PDC, e dende aquí vos informamos a todos.

   Saúdos!!, e xa sabedes!!, neste días de lecer, vida activa!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario