viernes, 30 de mayo de 2014

RUTA DE SENDEIRISMO-DÍA 20 DE XUÑO

  Co ánimo de aumentar as horas de actividade física do noso alumnado, faremos esta actividade o próximo día 20 de Xuño. A última das liñas de actuación que levamos a cabo este curso dentro do proxecto deportivo de centro.

  Nesta actividade están implicados, voluntariamente, o  profesorado a nivel de colaboración-participación e tres departamentos mais a nivel curricular, a maiores dos que xa están sempre, Tecnoloxías e Educación Física. A ruta que imos facer é coñecida por algúns de vos, é de dificultade media, pasa por uns petroglifos. Nas distintas areas iredes estudando temas relacionados coa ruta. Do mesmo xeito en Educación Física tamén a traballaremos, a actividade está dentro do bloque de actividades na natureza, co cal repasaremos todo o relacionado coa orientación.

  Deixovos eiquí o link ao blog de lingua en lingua, onde está pormenorizado todo o traballo da ruta, así coma as actividades que se fixeron en Lingua Galega.

http://www.blogoteca.com/pontecesuresgalego/index.php?cod=130564

   Graciñas compañeiros polo voso traballo!

martes, 27 de mayo de 2014

PREMIO ALUMNO INTEGRAL

  Despois de todo o traballo desenvolto polos departamentos implicados, polas vosas asociacións e clubes deportivos e por vos mesmos a hora de cubrir os cuestionarios de Cesurín..., aquí están os resultados finais. Tan so teñen premio o primeiro e segundo clasificado por ciclo, tanto de nenos como de nenas. Pero incluímos aos cinco primeiros coma mención especial, xa que os resultados nalgúns casos foron axustadísimos.

  O espíritu deste premio e que todos tentemos mellorar para ser o alumno integral, témonos que preocupar de facer actividade física, de progresar nas nosas aprendizaxes académicas, e por suposto ser bos rapaces. Animándovos a facer todo isto, os premiados recibirán os seus agasallos antes do remate do curso.
  

CLASIFICACIÓN FINAL:

1º CICLO:

-CHICOS:
1º.- Lois 8.344  
2º.- Xenxo 8.237
3º.- Diego 8.196
4º.- Pedro 8.136
5º.- Manuel 8.025

-CHICAS:
1º.- Alba Mariño 9.445
2º.- Lucía 9.407
3º.- Sofía 8.94
4º.- Micaela 8.044
5º.- Alba Barreiro 7.812

2º CICLO:

-CHICOS:
1º.- Pablo Torres 7.827
2º.- Anxo 6.743
3º.- Samuel García 6.699
4º.- Samuel Castro 6.643
5º.- Rubén 6.276

-CHICAS:
1º.- María 9.635
2º.- Antía Sanmarco 7.809
3º.- Silvia 7.477
4º.- Carla 6.840
5º.- Candela 6.839