viernes, 8 de abril de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ATLETISMO

    Nesta entrada imos dar conta dunha nova actividade do noso proxecto deportivo de centro. Unha xornada de atletismo, nas instalacións deportivas municipais da Raña. Este traballo foi levado a cabo coa colaboración de Víctor Riobó, laureado atleta desta vila, e que cursou os seus estudios no noso instituto. Un placer poder contar con él, o seu compromiso en prol de educar nunha vida sana e activa é indudable. Tentaremos repetir esta iniciativa tódolos anos. 

    A actividade consistiu nunha caminata dende o instituto a instalación deportiva. Charla a cargo de Victor Riobó. Sesión práctica a cargo de tres monitores, o propio Víctor e os dous profesores de educación física do ies, que consistiu en ir rotando en grupos, polas seguintes estacións: 60 metros, 500 metros, lanzamento de vortex (xabalina), lanzamento de peso e salto de lonxitude. En cada estación recibiron as explicacións técnicas pertinentes e fixeron o traballo práctico. Tras pasar os 121 alumnxs que participaron na actividade por tódalas estacións, fixemos unha parada para merendar, e fixemos unha competición cos voluntarios que quixeron, incluíndo unha proba de relevos de 4x60 a tódalas probas anteriores. Ao terminar a xornada de atletismo, voltamos camiñando ao instituto.

   Un éxito de xornada, que tentaremos repetir, co alumnado de 1º e 2º de eso o curso que ven.

   Dende o departamento de educación física queremos dar a gracias a Víctor, ao equipo directivo e ao concello de Marín, por facer posible esta actividade.

   Agora unhas imaxes que reflexan a actividade levada a cabo.

   











   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!