miércoles, 9 de marzo de 2016

RECREOS ACTIVOS - CRÓNICA DA CHAMPIONS DE CESURES

   Dentro do proxecto deportivo de centro, unha das liñas de actuación que temos son os recreos activos. A través dos delegados deportivos de cada grupo, organizamos préstamos de material deportivo, uso de espacios e tamén competicións deportivas mixtas. A crónica que a continuación colgamos no blog corresponde a competición de fútbol sala levada a cabo nos recreos dos martes dende o principio de curso e que ven de rematar. Colaborador indispensable para o desenvolvemento da mesma estes anos, Víctor Gesto, profesor de adscrito ao departamento de CCSS X e H. Dende eiquí o agradecemento ao seu traballo.

   Sen mais, aquí está a crónica, feita por vos mesmos!!, que a disfrutedes!!!!!



Como todos os anos, no primeiro trimestre comezou a Champion´s League do CPI Pontecesures.  Esta vez Messi e Ronaldo non puideron participar, pero tiveron dignos sustitutos nos alumnos da ESO.
No campeonato de inverno, nestes momentos están empatados os equipos de 3º e 4º da ESO nos primeiros postos. É de destacar tamén o bo papel que fixeron os alumnos de 2º e 1º da ESO. Estes últimos, con moito entrenamento xa en Primaria, ofrecéronos momentos de gran emoción nos seus partidos contra os grandes.
Na competición participaron uns 35 alumnos en total. O campeonato celebrouse no pabellón. Algúns días o chan non estaba en óptimas condicións pola humedade no ambiente, e resbalábase con moita facilidade.
Todos os partidos foron moi emocionantes, pero entre os que máis están os xogados entre 3º e 4º con empate; 1º contra 2º, con victoria dos primeiros; e tamén un dos partidos celebrados entre 1º e 4º, no que chegaron a finais do primeiro tempo empatados logrando a victoria no segundo tempo, despois dunha dura pelexa, os maiores. 
Houbo unha gran colaboración por parte dos rapaces na organización e arbitraxe dos partidos, así como de alumnas de 3º e 4º na elaboración das crónicas semanais de cada partido.
Hai que resaltar a deportividade que tiveron os xogadores ao longo de todos os partidos: non houbo que expulsar a ningún xogador (non como Pepe, que debería tomar nota).
Entre os goleadores do campeonato podemos destacar a Álex, Santi, Manuel, Iván, Jose, Manuel Jr., Sunnyi, Íker, e entre os porteiros a Álvaro e Fabio.
Agradecemos a gran asistencia a esta competición. En todos os partidos houbo moito público que animou con enerxía aos equipos das súas clases. Este ano tamén cabe destacar o exquisito comportamento dos aficionados xa que en ningún momento tivo que intervir a autoridade.
Noraboa a todas e todos!