viernes, 31 de mayo de 2019

PDC ILLA DE TAMBO -RECREOS ACTIVOS

  Aquí unha nova entrada dos recreos activos, coa competición de balonmán, donde hay 7 equipos anotados, e un ambientazo no pabillón. De novo os alumnos de 1º de bacharelato organizaron todo para dar cabida a este deporte nos recreos activos. Estamos moi contentos!!!

   Deixamos unhas fotos do partido que se celebrou hoxe...







NOS RECREOS DE TAMBO!!, MOVÉMONOS!!
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!

jueves, 23 de mayo de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - IOGA

   Por segundo ano consecutivo veu ao noso centro o profesor-instructor de Astanga Ioga Daniel Rodríguez Figueira. Dado o éxito acadado o ano anterior, este curso decidimos facelo extensible a tódolos cursos con Educación Física, e aumentalo a dúas sesións. Tentaremos repetir, dentro do proxecto deportivo de centro, porque foi un éxito. 

   Este tipo de Ioga que é moi físico e que inclúe Asanas e rutinas que implican movemento, flexibilidade e forza isométrica. Condicións estas ideais para motivar extraordinariamente ao alumnado, que así mantivo un contacto moi cercano con esta disciplina milenaria, descoñecida pero que está pegando moi forte nos  últimos anos. A Educación Física en Secundaria e Bacherelato non pode permanecer allea as novas disciplinas que implican movemento e actividade física, por iso, o noso centro non quiso estar ao marxe de todo isto. A verdade é que resoltou moi motivante para os alumnos/as como amosa o reportaxe gráfico que presentamos.













PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

  Alégranos contarvos que dentro da iniciativa dos recreos activos siguen tendo cabida novas actividades que fan que poidamos considerar estes recreos todo un éxito. Esta vez é o turno do voleibol. Ata un total de seis equipos, algún mixto, e un completamente feminino, participaron neste evento, que abrangueu tódolos recreos dun mes. Organizado e participado polo alumnado, maioritariamente de 1º de bacharelato. Ao redor de 40 alumnos/as que non participaran nos recreos activos, fixéronno a través de esta competición. Co cal xa nos achegamos aos case 150 alumnos implicados nesta iniciativa. Estamos moi ledos co éxito conseguido este ano.

   Eiquí algunhas fotos...







   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!