lunes, 10 de febrero de 2020

PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

   Unha nova entrada dos recreos activos, porque temos moi boas novas. Unha vez rematada a competición de fútbol sala, dúas alumnas de segundo de bacharelato teñen organizada unha competición de voleibol. Que xa celebrou os seus primeiros encontros. Tódolos equipos son mixtos e sempre ten que haber unha alumna no campo, entre os seis xogadores. O ambiente no pavillón está sendo moi bó. E estanse a disputar partidos de moita calidade. Estamos moi contentos e satisfeitos con estes recreos activos.

   A maiores tamén publicamos as fotos da actividade que se desenvolve no ximnasio, de xeito paralelo ao que acontece no pavillón. Ahí temos o grupo que fai habilidades ximnásticas e tamén o grupo que fai badminton.

    Sen mais deixamos as fotos a continuación...
















   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!