jueves, 23 de noviembre de 2017

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

      Nesta entrada queremos comunicarvos que xa pasamos a batería dafis aos nosos case 300 alumnos. E un traballo moi laborioso, agora mesmo estamos a volcar os datos na plataforma para poder xerar todos os informes. Neste traballo implicamos ao alumnado, tanto na paso das probas coma no análise que se fai das mesmas. O obxectivo que buscamos e que reflexionemos sobor do noso estilo de vida, malos hábitos, exerccio físico e alimentación equilibrada. Os tres pilares fundamentais da saúde, e que a través dos informes que analizamos de forma individual, incidimos no seu cumprimento.

     Eiquí vos deixo o enlace a plataforma dafis, para que poidades ver en que consiste todo este traballo...


  https://dafis.xunta.es/es/

 SEMPRE BUSCANDO LEVAR UNHA VIDA SANA!!!!!!!!

    

jueves, 2 de noviembre de 2017

PDC ILLA DE TAMBO - BIOLOXÍA

   Dende o departamento de bioloxía xa están a traballar en prol dunha vida mais saudable para os nosos alumnos, e fanno en dous niveis e dende duas materias distintas. Bioloxía e Xeoloxía en 3º de Eso e Anatomia aplicada en 1º de bacherelato.

   Aquí vos deixo as dúas entradas ao blog da profesora encargada das actividades para que poidades seguir o seu traballo.

   http://seresvivosysumundo.blogspot.com.es/2017/10/3-eso-proxecto-deportivo-de-centro.html

   http://seresvivosysumundo.blogspot.com.es/2017/10/proxecto-deportivo-de-centro-ies-illa.html

   SAÚDOS E VIDA ACTIVA!!!!!!!!

viernes, 27 de octubre de 2017

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO IES ILLA DE TAMBO

   Dende esta entrada queremos reactivar este blog que estivo inactivo o curso pasado. O motivo foi o cambio de destino do profesor por concurso de traslados. Unha vez "aterrizado" no IES ILLA DE TAMBO..., este curso xa nos poñemos en marcha co proxecto deportivo de centro.

   Durante cinco cursos o levamos a cabo no cpi de pontecesures, aportando moito ao traballo que se fai na area de Edcucación Física, na sua parte progresiva de condición física e saúde. Deste xeito, queremos tentar levar a cabo o mesmo traballo aquí en Marín. Comenzamos este curso 2017-2018 este traballo co fín de aumentar a calidade de vida do noso alumnado, a través dunha vida activa e saudable. Facendo múltiples actividades de promoción da vida saudable, incidindo no exercicio físico e na alimentación.

   Arrancamos coa participación de catro profesores, das areas de Educación Física, Inglés, Bioloxía e Física e Química. Coordinará todo o proxecto o xefe do departamento de Educación Física.

   Aproveitamos esta primeira entrada no blog para saudar a toda a comunidade educativa do Ies Illa de Tambo e invitala a participar con nos neste porxecto e disfrutar xuntos de este estilo de vida.

   SAUDOS!!!, E BOA FIN DE SEMANA!!! ACTIVA