jueves, 25 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - SAVE THE CHILDREN

   Esta entrada do blog é para dar a coñecer a primeira iniciativa do noso proxecto deportivo este curso. Organizamos en colaboración coa concellería de deportes do concello de Marín, a carreira solidaria de Save de Children. Invitamos tamén ao resto dos ies do concello, pola nosa parte participarán nela os alumnos de 2º, 3º e 4º de eso, aproximadamente case 200 alumnos do Illa de Tambo.

   Agradecer dende eiquí o traballo aos meus compañeiros de departamento, Marta Mera e Antonio Novo, así como ao concelleiro de deportes Antonio Traba e a policía local de Marín.

  Deixovos fotos da información da carreira que se celebrará o próximo 20 de Novembro as 12 da mañá.

  Xa faremos unha entrada coas fotos do evento.







SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

lunes, 15 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO

   Ola a todos!!!

   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por segundo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Como xa dixemos o curso pasado a idea é que este teña caracter de continuidade. Que forme parte da vida do centro e así ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable.

   A primeira das iniciativas xa a temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!