Esta entrada do blog é para dar a coñecer a primeira iniciativa do noso proxecto deportivo este curso. Organizamos en colaboración coa concellería de deportes do concello de Marín, a carreira solidaria de Save de Children. Invitamos tamén ao resto dos ies do concello, pola nosa parte participarán nela os alumnos de 2º, 3º e 4º de eso, aproximadamente case 200 alumnos do Illa de Tambo.
Agradecer dende eiquí o traballo aos meus compañeiros de departamento, Marta Mera e Antonio Novo, así como ao concelleiro de deportes Antonio Traba e a policía local de Marín.
Deixovos fotos da información da carreira que se celebrará o próximo 20 de Novembro as 12 da mañá.
Xa faremos unha entrada coas fotos do evento.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario