jueves, 26 de noviembre de 2020

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

 Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o quinto curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o cuarto dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias sociais e cívicas, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a case douscentos alumnos dos cursos de cuarto de eso e de primeiro de bacharelato.

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

PDC - ILLA DE TAMBO

 Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por cuarto ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso todo ten unhas características especiais, pero logo de falar co técnico da secretaría xeral para o deporte, e cos compañeiros do instituto, decidimos participar de novo no plan proxecta e sacar adiante este proxecto deportivo de centro. Nunhas circunstancias distintas, pero queremos que forme parte da vida do centro e así ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable, e este curso non podía ser menos. Tivemos que renunciar a iniciativas deste proxecto que nos gustan moito e resultan moi exitosas, como son os recreos activos e as actividades didácticas de deportes de montaña e deportes de inverno. Pero por contra continuamos con outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte.

   A primeira das iniciativas xa a temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!