Ola a todos!!!
Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por cuarto ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso todo ten unhas características especiais, pero logo de falar co técnico da secretaría xeral para o deporte, e cos compañeiros do instituto, decidimos participar de novo no plan proxecta e sacar adiante este proxecto deportivo de centro. Nunhas circunstancias distintas, pero queremos que forme parte da vida do centro e así ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable, e este curso non podía ser menos. Tivemos que renunciar a iniciativas deste proxecto que nos gustan moito e resultan moi exitosas, como son os recreos activos e as actividades didácticas de deportes de montaña e deportes de inverno. Pero por contra continuamos con outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte.
A primeira das iniciativas xa a temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario