lunes, 23 de marzo de 2015

NOVAS PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

      Informarvos a todos que a segunda edición do PREMIO AO ALUMNO INTEGRAL xa está en marcha. Para averigaur quenes son estes alumnos faremos unha triple valoración, por un lado unha media dos resultados académicos que obteñades nesta segunda avaliación, por outro lado a puntuación que obtedes nos cuestionarios que se envían a tódalas entidades deportivas onde facedes exercicio físico e por último o cuestionario que vos puntua polos vosos comportamentos e actitudes cos demais. Este xa sabedes que o cubrides nas titorías, vos mesmos sodes xuices neste apartado.

    Xa vos seguiremos informando...

    Por outro lado xa fixemos entrega aos compañeiros que ainda non fan actividade física, dos trípticos con toda a información das actividades que se ofertan na vosa zona. Tamén colgamos na entrada do centro e no ximnasio os mapas deportivos actualizados!! Este ano temos unha actividade nova!!






   TODOS A SEGUIR FACENDO ACTIVIDADE FÍSICA, E OS QUE NON EMPEZARON..., QUE SE ANIMEN!!!!!, XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVEIRA!!!!!!!