miércoles, 16 de diciembre de 2015

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - PRIMEIRO TRIMESTRE

   Bueno rapaces, chegados a este momento, e coas vacacións de nadal a volta da esquina, imos recapitular...


    Puxemos o proxecto deportivo en marcha, por cuarto ano consecutivo. E dentro das actuacións xa desenvolvidas están:
    - Nomeamento dos delegados deportivos de cada grupo. Reunión de traballo con eles e acordos de organización de espacios e préstamo de material de cara aos tempos de lecer.
    - Posta en marcha da competición mixta de fútbol sala. Champion Cesures. Estase a celebrar no pavillón nos dous recreos dos Martes.
    - Sesións de actividades na natureza no río Ulla. Actividade náutica - piragüismo. Dúas sesións no mes de Outubro, para primeiro e segundo de ESO.
     - Xa está en marcha tamén a actividade didáctica deportes de inverno - esquí. Farémola como estes últimos anos en colaboración co CPI de Barrantes. O día 30 de Xaneiro iniciaremos viaxe cara a Andorra...
    - Por terceiro curso consecutivo pasamos a plataforma DAFIS, este curso os alumnos de cuarto de ESO, que xa se van do centro, levarán impreso o seu informe individual co seu global, e histórico de datos. Están moi satisfeitos e ilusionados con este traballo. Ao resto do alumnado, coma sempre, lle fixemos unha titoría individual para analizar os seus datos e traballar sobor dos tres pilares da súa condición física. A saber: dieta equilibrada, exercicio físico e evitar os malos hábitos. Este traballo vertebra a programación de toda a asignatura, e así mesmo de todo o proxecto deportivo de centro.
     - Por último estamos a reelaborar o mapa deportivo de centro coas novas actividades incorporadas ao catálogo xa existente. De cara o segundo trimestre repartiremos de novo o díptico informativo con mapa deportivo ao alumnado sedentario ou pouco activo do centro.



  RECORDADE!!!, NO NADAL!!!, ALGO DE FESTA!!!, PERO VIDA SANA!!!

  AQUÍ TEDES UNHA BOA OPORTUNIDADE NO POBO PARA PARTICIPAR NUN EVENTO DEPORTIVO MOI RECOMENDABLE!!!!!!!




http://www.pontecesures.org/recursos/cartel_carreira_XVI_2015_PONTECESURESweb(4).jpg


 FELICES FESTAS!!!!!!

 ATA O 2016!!!!!

jueves, 5 de noviembre de 2015

PDC - ACTIVIDADE NÁUTICA - PIRAGÜISMO - OCT 15

   Ola a todos!!!, co outono xa entrado e despois de ter disfrutado de mais dun mes de clases de Educación Física. Espero que todos estemos a facer unha vida sana!!!. BOA ALIMENTACIÓN, EXERCICIO FÍSICO E NADA DE MALOS HÁBITOS!!!

   Aquí unha mostra de vida sana e exercicio físico na natureza dos compañeiros de 1º e 2º de ESO. Tivemos sorte e a climatoloxía acompañou...

   Recordade que na primaveira teremos outras duas sesións no río Ulla desta enriquecedora unidade didáctica.

   Gracias ao clube náutico de Pontecesures por formar parte do noso proxecto deportivo de centro e por seguir colaborando con nos en prol duns hábitos de vida mais saudables para tódolos rapaces.























viernes, 23 de octubre de 2015

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO DE PONTECESURES

   Xa avisamos de que non íamos parar de movernos e de levar unha vida activa!!!

   Aquí estamos!!!!!!!!

   Informámosvos das liñas de traballo que estamos a seguir...

   Xa fixemos as dúas primeiras sesións da actividade náutica-piragüismo, no río Ulla. Faixe como en cursos anteriores en colaboración co clube náutico de Pontecesures. Na primaveira faremos outras dúas sesións desta unidade didáctica correspondente as actividades na natureza. Faremos unha entrada a parte neste blog, para que poidades ver as fotos da mesma.

   Temos en marcha tamén a actividade didáctica deportes de inverno-esquí. Como tódolos cursos traballamos conxuntamente co c.p.i. Julia Becerra Malvar, deste xeito entre os dous centros xuntamos alumnos suficientes para encher un autobús e que así o precio sexa razoable. Temos o proxecto da actividade a disposición da comunidade educativa. Dende hoxe os alumnos participantes xa teñen as rifas co galo de recaudar fondos para a mesma!!!

   Tamén temos nomeados tódolos delegados deportivos, co cal os recreos activos xa están en marcha... espacios e material repartido en base aos acordos tomados polos propios delegados na reunión celebrada a finais do mes pasado. Dentro deste eido dos recreos activos xa están traballando na organización da champios de cesures..., manterémosvos informados.

  Por último, estamos a traballar na revisión do mapa deportivo de pontecesures para facer os cambios que sexan oportunos...

  Como boas novas temos dúas:

  Despois da desagradable situación vivida a finais de Setembro, a que facíamos referencia na entrada anterior. Salientar que dende esa misma semana contamos cunha solución provisional que nos permite desenvolver o proceso de ensinanaza-aprendizaxe nunhas condicións lumínicas aceptables.

   E por outra banda, un novo recoñecemento ao noso proxecto deportivo de centro. Esta vez a revista EDUGA, ven de publicar no seu último número un artigo no apartado de innovación educativa no que fala do noso proxecto. Este é o link: http://www.edu.xunta.es/eduga/828/plan-proxecta/proxecto-deportivo-centro


   Esto ten que animarnos a seguir facendo de toda a nosa comunidade educativa unha comunidade mais ACTIVA!!!!!, POLO TANTO MAIS SANA!!!!!

jueves, 1 de octubre de 2015

MALAS NOVAS

   Este comezo de curso non foi o agradable que todos quixeramos para o departamento de Educación Física.

   O motivo é o seguinte: no transcuro do primeiro trimestre do curso pasado levouse a cabo un cambio das luminarias do ximnasio, ( a nosa única aula de traballo), para lograr un maior aforro enerxético. Ata eiquí todo ben. Pero esas novas luminarias fallaron dende o primeiro día, unhas sen alumear nada, e outras parpadeando. O que facía que o proceso de ensinanza-aprendizaxe non reuníse as condicións mínimas..., incluso asumindo riscos para a visión de todos.

   Tívose moita paciencia co representante do concello no consello escolar, pedindo por activa e por pasiva, unha solución. Esta non chegou...

   Este curso comezaba na mesma situación..., e ante a ineficacia na resolución do problema, e a falta de solucións. O departamento de Educación Física viuse na obriga de proporlle a dirección do centro o peche do ximnasio para todo tipo de actividades. A dirección así o propuso no consello escolar do día 29 de Setembro. E nesas estamos...

   Parece que onte comezou o principio dunha solución provisional...

   En fín, moi triste e moi doloroso ter que chegar a esta situación despois de casi un ano esperando...

   SAUDOS A TODOS E SEGUIREMOS ADIANTE CO NOSO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO!!!!!, PARA MELLORAR O NOSO ESTILO DE VIDA!!!!!!!!!!

   NON O DUBIDEDES!!!

jueves, 25 de junio de 2015

FOTOS PREMIADOS ALUMNO INTEGRAL 2015

    Que mellor despedida para este curso académico e para o terceiro ano do proxecto deportivo de centro, que as fotos dos nosos alumnos integrais!!!!!!!!!

    Rapaces!!!!!, pasade un bo verán!!!!, e facede unha vida activa!!!!!!!!!!!!




viernes, 19 de junio de 2015

ENTREGA PREMIO ALUMNO INTEGRAL 2015

     No día de onte os seguintes alumnos recibiron os agasallos correspondentes ao Premio Alumno Integral 2015. Contía de arredor de 60 euros para os primeiros clasificados e de 40 euros para os segundos.

   No primeiro ciclo os primeiros clasificados foron Xiana Magariños e Manuel Castrelo. Recibiron dúas raquetas de bádminton, un bote de voantes, un balón de volei playa, un libro de lingua galega (escollido expresamente para eles polo profesor) e un polo serigrafiado do concello coa reseña do premioa ao alumno integral 2015.

   No segundo ciclo os primeiros clasificados foron María Navarro e Xenxo Santiago. Recibiron os mesmos agasallos, pero o libro de lectura é de lingua castelá (escollido expresamente para eles pola profesora)

   No primeiro ciclo os segundos clasificados foron Lucía Pardal e Ángel Barral. Recibiron un balón de baloncesto, un compás profesional "para non perder o norte", un colchoneta de ximnasio para usar na casa, un libro de lingua galega (escollido expresamente para eles polo profesor) e un polo serigrafiado do concello coa reseña do premio ao alumno integral 2015.

   No segundo ciclo os segundos clasificados foron Candela Lafuente e Samuel Castro. Recibiron os mesmos agasallos, pero o libro de lectura é de lingua castelá (escollido expresamente para eles pola profesora).

    NORABOA A TODOS!!!



miércoles, 10 de junio de 2015

ÍNDICE DE MASA CORPORAL. EXERCICIO FÍSICO E HÁBITOS ALIMENTICIOS DO ALUMNADO.



  A continuación vos ensinamos no blog parte do traballo realizado polos departamento de Bioloxía e Educación Física en colaboración con alumnos de 3º de ESO. Partindo de tódolos datos que temos do alumnado a través de DAFIS (datos de actividade física saudable), e co traballo aportado polo departamento de Bioloxía a través de enquisas e a formación de aula. Fomos quen de realizar varias gráficas que vos mostramos, así como as enquisas que se pasaron. Isto danos pé a relacionar a evolución do índice de masa corporal co consumo de determinadas bebidas azucaradas. Así como valorando a alimentación xeral que leva o alumnado. Temos a intención de continuar traballando con estes alumnos de cara ao curso que ven, para seguir sacando conclusións e facendo gráficas de tódolos datos que temos nas enquisas, relacionandoos cos datos de DAFIS.





ENQUISA 1



Enquisa sobre a práctica do exercicio físico e hábitos alimenticiosdo alumnado da ESO do CPI Pontecesures durante o curso 2014-15

Pedimos que as vosasrespostassexan sinceras. Garantizámosvos que o cuestionario é totalmente anónimo.

Idade.....   Sexo.....

Rodea cun círculo a letra da resposta correcta. Se a resposta é múltiple podes rodear varias letras. En caso de contestar con palabras usa o espacio punteado.

1.    Se tiveras que definir o teu peso dirías que tes: A peso normal, B sobrepeso, C infrapeso.
2.    Estás a gusto coteu peso? A si, B gostaríame estar máis delgado, C gostaríame ter máis peso, D non me preocupa.
3.    Estarías disposto a cambiar os teus hábitos para mellorar o teu peso? A si, B non, C non me preocupa
4.    Sofres algún tipo de burla por parte dos teuscompañeiros polo teu físico? A si, B non.
5.    Canto tempo en horas lleadicas semanalmente a práctica do deporte?  ...........h
6.    Tesalgunhadificultade física á hora de practicar deporte? A si, B non
7.    Coñecesalgunhaenfermidade producida polo sobrepeso? A si,  Cal..............................  B non
8.    Define en termos de normal, sobrepeso, infrapeso o peso dos teuspais: Pai..............., Nai...............
9.    Con quen fas as comidas principais do día? (Pai, nai, avós , irmáns, tíos, sólo,outros.)
10.              almorzo......................., xantar.................................... ,merenda.................................., cea...........................
11.              Quenfaio xantarnatúa casa? A nai, pai, B avoa, C irmáns, D Eu, E como fora da casa.
12.              Canto tempo tardas en xantar? ....................minutos.
13.              O meualmorzoconsiste basicamente en:A non almorzo, B leite, C cereais, D Pan, E froita, F manteiga, G untables doces (Nocilla, Nutella,marmelada,etc) H zume natural, I zume de bote, J embutido ouqueixo, K galletas, L bollería industrial, M bollería caseira.
14.              No almorzo bebo: A non bebo, B leitesóla, C leite con café, D leite con chocolate (Cola Cao, Nesquik, etc) E outras
15.              No recreo como normalmente: A nada, B Pan,  C snacks salgados, E froita, F manteiga, G untables doces (Nocilla, Nutella,mermelada, etc. I zume de bote, J embutido ouqueixo, K galletas, L bollería industrial, M bollería caseira
16.              No recreo bebo: A non bebo normalmente, B auga, C bebidas azucaradas (Coca cola, Kas, etc) D zumes de bote, E bebidas enerxéticas. F outras .........................................
17.              No xantar bebo con: A non bebo normalmente, B auga, C bebidas azucaradas (Coca cola, Kas, gaseosa,etc) D zumes de bote, E bebidas enerxéticas. F outras .........................................
18.              Cantas bebidas azucaradas (Coca cola, Kas, gaseosa, zumes envasados, etc) consumes ao día? .........
19.              Consomes bebidas enerxéticas?  A si, B non. En caso afirmativo especifica cantas ao día.......
20.              Consomes bebidas enerxéticas para estudiar? A sempre, B as veces, C nunca,
21.              Consomes algún complexo vitamínico? A non, B si. En caso afirmativo especifica cal...................
22.              Cal é a froita que máisconsomes?..................................
23.              Cantas pezas de froita comes ao día.......
24.              Normalmente como froita no: A almorzo, B xantar, C merenda, D cea, E recreo.
25.              Namerenda como normalmente: A nada, B Pan,  C snacks salgados, E froita, F manteiga, G untables doces (Nocilla, Nutella,mermelada, etc. I zume de bote, J embutido ouqueixo, K galletas, L bollería industrial, M bollería caseira
26.              Namerenda bebo con: A non bebo normalmente, B auga, C bebidas azucaradas (Coca cola, Kas, gaseosa, etc) D zumes de bote, E bebidas enerxéticas. F outras .........................................
27.              A cea consiste basicamente en: A comida quente como no xantar, B comida lixeira como sopa ouleite con galletas, C non ceo nada, D outras.............................................................
28.              A que hora te deitas?............................, a que hora te ergues?......................... . Durmomáisou menos.................... horas
29.              Adoitasdurmir a sesta todos os días?  A si, B non.
30.              Normalmente vou a escola : A en autobús. B andando, C en coche.
31.              Pertences a algún equipo deportivo federado? A si ,  B Non,  en caso afirmativo especifica cal..............................................
32.              Cantas horas ves a televisión ao día?............... horas.
33.              Cantas horas lleadicasaosvideoxogos?  ................ horas
34.              Tes ordenador na casa? A si, B non, en caso afirmativo, tes acceso a internet?  C si , D non
35.              Cantas horas lleadicasao  estudio diariamente?...........horas
36.              Especifica outras actividades que fagas no tempo de lecerdiario ......................................... ........................................................................................................................................................
37.              Tesmóbil? A si , B non.  En caso afirmativo ten conexíon a internet? A si, B non
38.              Cal é a carne maíscomun no xantar: A polo, B porco, C tenreira, D outros especifica cales.....................................
39.              Cantas veces comes carne á semana? ....................... veces.
40.              Cantas veces comespeixe á semana?....................... veces. Especifica o peixemaiscomun.....................................................
41.              Cantas veces comes ensalada á semana?........................... veces
42.              As carnes oupeixessérvense normalmente con (podes marcar máis de unha): A arroz, B patacas fritas, C patacas cocidas, D pasta, E verduras. F outras.............................
43.              Comes comidas precociñadas, pizzas, pasta, etc? A Si  cantas veces á semana?....... B non
44.              Cal é a túa comida preferida...........................................................................
45.              O teu índice de masa corporal (IMC) é: .......

Esta enquisa forma parte duntraballo que estamos  a desenvolver as alumnasde 3º da ESO  Raquel Estévez e Micaela Amarelle,para as asignaturas de Bioloxia e Xeoloxía e de Educación Física. Os resultados da enquisa serán presentados nun video que estamos a elaborar..

Gracias polavosa colaboración e polo voso tempo.




ENQUISA 2




CLASE
M
1 Define o peso
Normal
sobre
infra

2 A gusto coteu peso
si
+delgado
+peso
non preocupa

ENQUISA  HÁBITOS A LIMENTICIOS E PRÁCTICA DO EXERCICIO FÍSICO.  CPI PONTECESURES  CURSO  2014-15    ESO.
5 Tempo deporte semana
nada
<1 hora
1-2h
>2h.


13 Almorzo?
nada
leite
cereais
pan
froita
mantga
unt.  d
z.nat.
z.bote
emb.
gall
B. Ind
B. cas
out.
14 Bebo almorzo?
non
leite
cafeleite
leitechoc
out.

15Recreo como?
non
sn.sal
froita
zumebo
emb.sandw
gall
B.I
B. C.
16 Recreo bebo?
non
auga
azucradas
zumebo
enerx.
outr.

18 Beb. azucr. día
0
1
2
3
4
5
>5
22 Froita más consomes?







23Pezas de froita día
0
1
2
3
4
5
>5
28 Hora  deitarse
10-11
11-12
12-1
1-2
Hora ergues
7-7.30
7.30-8
8-8.30
8.30-8.45
30 Vou a escola
Bus
coche
andando

31 Equipo federado
si
non
futbol
basket
piragüismo
outros

32 Horas tele/día

33 Horas videox

37 Mobil propio
si
non
Conectado a internet?
si
non

38 Carne común xantar
polo
porco
tenreira
outros

39 Carne semana veces
1
2
3
4
5
+5

40Peixe semana veces
1
2
3
4
5
+5

44 Comida preferida







45 IMC





Non sei