No día de onte os seguintes alumnos recibiron os agasallos correspondentes ao Premio Alumno Integral 2015. Contía de arredor de 60 euros para os primeiros clasificados e de 40 euros para os segundos.
No primeiro ciclo os primeiros clasificados foron Xiana Magariños e Manuel Castrelo. Recibiron dúas raquetas de bádminton, un bote de voantes, un balón de volei playa, un libro de lingua galega (escollido expresamente para eles polo profesor) e un polo serigrafiado do concello coa reseña do premioa ao alumno integral 2015.
No segundo ciclo os primeiros clasificados foron María Navarro e Xenxo Santiago. Recibiron os mesmos agasallos, pero o libro de lectura é de lingua castelá (escollido expresamente para eles pola profesora)
No primeiro ciclo os segundos clasificados foron Lucía Pardal e Ángel Barral. Recibiron un balón de baloncesto, un compás profesional "para non perder o norte", un colchoneta de ximnasio para usar na casa, un libro de lingua galega (escollido expresamente para eles polo
profesor) e un polo serigrafiado do concello coa reseña do premio ao
alumno integral 2015.
No segundo ciclo os segundos clasificados foron Candela Lafuente e Samuel Castro. Recibiron os mesmos agasallos, pero o libro de lectura é de lingua castelá (escollido expresamente para eles pola profesora).
NORABOA A TODOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario