martes, 27 de septiembre de 2022

PDC ILLA DE TAMBO

  Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por sexto ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso retomamos tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso intentaremos retomar dúas iniciativas deste proxecto que nos gustan moito e resultan moi exitosas, como as actividades didácticas de deportes de montaña e deportes de inverno. E continuamos con outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Luz López, Noelia Álvarez, Elena Lourido e Antonio Novo.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!