viernes, 27 de octubre de 2017

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO IES ILLA DE TAMBO

   Dende esta entrada queremos reactivar este blog que estivo inactivo o curso pasado. O motivo foi o cambio de destino do profesor por concurso de traslados. Unha vez "aterrizado" no IES ILLA DE TAMBO..., este curso xa nos poñemos en marcha co proxecto deportivo de centro.

   Durante cinco cursos o levamos a cabo no cpi de pontecesures, aportando moito ao traballo que se fai na area de Edcucación Física, na sua parte progresiva de condición física e saúde. Deste xeito, queremos tentar levar a cabo o mesmo traballo aquí en Marín. Comenzamos este curso 2017-2018 este traballo co fín de aumentar a calidade de vida do noso alumnado, a través dunha vida activa e saudable. Facendo múltiples actividades de promoción da vida saudable, incidindo no exercicio físico e na alimentación.

   Arrancamos coa participación de catro profesores, das areas de Educación Física, Inglés, Bioloxía e Física e Química. Coordinará todo o proxecto o xefe do departamento de Educación Física.

   Aproveitamos esta primeira entrada no blog para saudar a toda a comunidade educativa do Ies Illa de Tambo e invitala a participar con nos neste porxecto e disfrutar xuntos de este estilo de vida.

   SAUDOS!!!, E BOA FIN DE SEMANA!!! ACTIVA