Este comezo de curso non foi o agradable que todos quixeramos para o departamento de Educación Física.
O motivo é o seguinte: no transcuro do primeiro trimestre do curso pasado levouse a cabo un cambio das luminarias do ximnasio, ( a nosa única aula de traballo), para lograr un maior aforro enerxético. Ata eiquí todo ben. Pero esas novas luminarias fallaron dende o primeiro día, unhas sen alumear nada, e outras parpadeando. O que facía que o proceso de ensinanza-aprendizaxe non reuníse as condicións mínimas..., incluso asumindo riscos para a visión de todos.
Tívose moita paciencia co representante do concello no consello escolar, pedindo por activa e por pasiva, unha solución. Esta non chegou...
Este curso comezaba na mesma situación..., e ante a ineficacia na resolución do problema, e a falta de solucións. O departamento de Educación Física viuse na obriga de proporlle a dirección do centro o peche do ximnasio para todo tipo de actividades. A dirección así o propuso no consello escolar do día 29 de Setembro. E nesas estamos...
Parece que onte comezou o principio dunha solución provisional...
En fín, moi triste e moi doloroso ter que chegar a esta situación despois de casi un ano esperando...
SAUDOS A TODOS E SEGUIREMOS ADIANTE CO NOSO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO!!!!!, PARA MELLORAR O NOSO ESTILO DE VIDA!!!!!!!!!!
NON O DUBIDEDES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario