Sen mais, aquí está a crónica, feita por vos mesmos!!, que a disfrutedes!!!!!
Como todos os anos, no primeiro trimestre comezou a
Champion´s League do CPI Pontecesures.
Esta vez Messi e Ronaldo non puideron participar, pero tiveron dignos
sustitutos nos alumnos da ESO.
No campeonato de inverno, nestes momentos están empatados
os equipos de 3º e 4º da ESO nos primeiros postos. É de destacar tamén o bo
papel que fixeron os alumnos de 2º e 1º da ESO. Estes últimos, con moito
entrenamento xa en Primaria, ofrecéronos momentos de gran emoción nos seus
partidos contra os grandes.
Na competición participaron uns 35 alumnos en total. O
campeonato celebrouse no pabellón. Algúns días o chan non estaba en óptimas
condicións pola humedade no ambiente, e resbalábase con moita facilidade.
Todos os partidos foron moi emocionantes, pero entre os que
máis están os xogados entre 3º e 4º con empate; 1º contra 2º, con victoria dos
primeiros; e tamén un dos partidos celebrados entre 1º e 4º, no que chegaron a
finais do primeiro tempo empatados logrando a victoria no segundo tempo,
despois dunha dura pelexa, os maiores.
Houbo unha gran colaboración por parte dos rapaces na
organización e arbitraxe dos partidos, así como de alumnas de 3º e 4º na
elaboración das crónicas semanais de cada partido.
Hai que resaltar a deportividade que tiveron os xogadores
ao longo de todos os partidos: non houbo que expulsar a ningún xogador (non
como Pepe, que debería tomar nota).
Entre os goleadores do campeonato podemos destacar a
Álex, Santi, Manuel, Iván, Jose, Manuel Jr., Sunnyi, Íker, e entre os porteiros
a Álvaro e Fabio.
Agradecemos a gran asistencia a esta competición. En
todos os partidos houbo moito público que animou con enerxía aos equipos das
súas clases. Este ano tamén cabe destacar o exquisito comportamento dos
aficionados xa que en ningún momento tivo que intervir a autoridade.
Noraboa a todas e todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario