viernes, 30 de mayo de 2014

RUTA DE SENDEIRISMO-DÍA 20 DE XUÑO

  Co ánimo de aumentar as horas de actividade física do noso alumnado, faremos esta actividade o próximo día 20 de Xuño. A última das liñas de actuación que levamos a cabo este curso dentro do proxecto deportivo de centro.

  Nesta actividade están implicados, voluntariamente, o  profesorado a nivel de colaboración-participación e tres departamentos mais a nivel curricular, a maiores dos que xa están sempre, Tecnoloxías e Educación Física. A ruta que imos facer é coñecida por algúns de vos, é de dificultade media, pasa por uns petroglifos. Nas distintas areas iredes estudando temas relacionados coa ruta. Do mesmo xeito en Educación Física tamén a traballaremos, a actividade está dentro do bloque de actividades na natureza, co cal repasaremos todo o relacionado coa orientación.

  Deixovos eiquí o link ao blog de lingua en lingua, onde está pormenorizado todo o traballo da ruta, así coma as actividades que se fixeron en Lingua Galega.

http://www.blogoteca.com/pontecesuresgalego/index.php?cod=130564

   Graciñas compañeiros polo voso traballo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario