martes, 29 de abril de 2014

PDC PONTECESURES - RECREOS ACTIVOS - CHAMPION CESURES

  Eiquí vos deixo as crónicas dos últimos partidos que xa fixeron as vosas compañeiras María e Verena.

 

2ºESO VS 1ºESO= 5-2

Foi un partido moi tenso. O árbitro estaba moi centrado no partido, pero aínda así tivo fallos e costoulle arbitrar. Un exemplo disto foi o enfrontamento  (e non só foron palabras)  de Jose Castaño con Aharón, que acabou coa expulsión de Jose ,  e que foi moi discutida polo público.  Quitando iso, foi un partido no que se amosou o fútbol; con tres goles de Iván,  un de Jose Miguéns e outro de Aharón por parte de segundo, e un de Lois e un de Álvaro por parte de primeiro.



3ºESO VS EF

Non houbo partido, polo abandono de cuarto da ESO, o equipo feminino gañou ese partido.



2º ESO VS 1ºESO= 3-1

O partido non foi moi entretido. O árbitro estaba concentrado nel. Os xogadores de segundo estaban moi motivados, ao contrario que primeiro que, ao parecer, Jose Castaño era o único que mantiña as esperanzas de gañar. Os goles foron: un de Iván, un de Aharón e outro de Jose Miguéns (por parte de segundo) e un de Jose Castaño (por parte de primeiro).



3ºESO VS 2ºESO= 10-2

Foi un partido moi interesante. O árbitro estaba concentrado no partido pero tamén algo pasota. As dúas últimas xogadas foron boas pero falladas. Os de terceiro da ESO gañaronlles aos de segundo da ESO por goleada. Os goles foron: cinco de Samuel García, un de Santi, un de Samu e tres de Rubén (por parte de terceiro) e dous de Manuel (por parte de segundo).




No hay comentarios:

Publicar un comentario