martes, 1 de abril de 2014

CHARLA EDUCATIVA SOBRE OS XUICES-ÁRBITROS NO DEPORTE

   Este próximo Venres día 4 de Abril, as 13:00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha charla-coloquio co colexiado de primeira división de fútbol, Enrique José Ramos Ferreiros. Unha liña de promoción mais dentro do proxecto deportivo de centro.

   A charla versará sobor da importancia que ten o xuiz árbitro como un educador mais no eido do desenvolvemento integral dos deportistas. Como, dun xeito coordinado deberían traballar ao unísono, os árbitros, monitores-adestradores e pais. Para conseguir que a través do deporte e da actividade física os nenos e nenas sexan educados de forma integral. O respeto e a educación en valores que lles debemos trasmitir, parte sen dúbida do respecto e a educación que teñamos os adultos entre nos.

   Debido a que no fútbol e onde adoecemos mais de boas conductas representativas, Enrique, basado na sua experiencia tras pasar por tódalas categorías, intentará mostrarnos cal debe ser o camiño para avanzar entre todos os implicados, na educación integral.

   A DISFRUTALA, SERÁ DE PROVEITO!!

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario