2ºESO
VS 1ºESO= 5-2
Foi
un partido moi tenso. O árbitro estaba moi centrado no partido, pero aínda así
tivo fallos e costoulle arbitrar. Un exemplo disto foi o enfrontamento (e
non só foron palabras) de Jose Castaño con Aharón, que acabou coa
expulsión de Jose , e que foi moi discutida polo público. Quitando
iso, foi un partido no que se amosou o fútbol; con tres goles de Iván, un
de Jose Miguéns e outro de Aharón por parte de segundo, e un de Lois e un de
Álvaro por parte de primeiro.
3ºESO
VS EF
Non
houbo partido, polo abandono de cuarto da ESO, o equipo feminino gañou ese
partido.
2º
ESO VS 1ºESO= 3-1
O
partido non foi moi entretido. O árbitro estaba concentrado nel. Os xogadores
de segundo estaban moi motivados, ao contrario que primeiro que, ao parecer,
Jose Castaño era o único que mantiña as esperanzas de gañar. Os goles foron: un
de Iván, un de Aharón e outro de Jose Miguéns (por parte de segundo) e un de
Jose Castaño (por parte de primeiro).
3ºESO
VS 2ºESO= 10-2
Foi
un partido moi interesante. O árbitro estaba concentrado no partido pero tamén
algo pasota. As dúas últimas xogadas foron boas pero falladas. Os de terceiro
da ESO gañaronlles aos de segundo da ESO por goleada. Os goles foron: cinco de
Samuel García, un de Santi, un de Samu e tres de Rubén (por parte de terceiro)
e dous de Manuel (por parte de segundo).