jueves, 1 de febrero de 2024

PDC ILLA DE TAMBO - DÍA DA PAZ - KM SOLIDARIOS - SAVE THE CHILDREN

      E chegou o día!!!, e por cuarto ano participamos na carreira solidaria de save the children. Fixémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!, e así disfrutamos dunha mañá marivillosa, na envidiable contorna do concello de Marín. Saímos as 10:10 do noso instituto, cunha boa predicción!!, camiñamos ata a praia de Aguete, fixemos fotos polo camiño, e unha no destino. Despois todo alumnado disfrutou dos seus xogos na praia de Mogor, e volta ao instituto. O alumnado participante foi o de 1º de eso, un total de 54 partiparon nos km solidarios, cada un co seu dorsal e entregando o carnet solidario coa súa doazón para axudar a ong. Faremos un cheque co valor total e enviarémolo a save the children para así poder axudalos. Disfrutamos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra. Aquí a reportaxe gráfica: 

E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario