Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano contamos de novo cos RECREOS ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Actualmente estánse a facer equipos para tentar de montar unha competición de fútbol sala e outra de voleibol. De forma paralela hai entre ximnasio e pabillón cinco grupos de fútbol, outro de voleibol, un de balonmán e outro de badmintón, cun total de 108 alumnxs anotados. Todxs estes alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario