lunes, 19 de febrero de 2024

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE INVERNO

   Un ano mais levamos a cabo esta actividade que xa forma parte da vida do centro e do proxecto deportivo do mesmo. Deste xeito 54 alumnxs de 1º de bacherelato disfrutaron da alta montaña este mes de febreiro. Compartimos viaxe con outro centro, para abaratar custos, e deste xeito todo o alumnado saia beneficiado.

   A estancia foi dende o día 3 ao día 10, en Andorra, esquiando no dominio de grandvalira. Destacar o bo comportamento do grupo. Así como o seu compromiso co progreso na actividade física en cuestión. Un altísimo porcentaxe de alumnxs alcanzou un moi bo nivel de esquí, e todos comprenderon os principios básicos deste deporte, así como o funcionamento dos remontes e a estación en xeral. Voltamos polo tanto moi satisfeitos e con gañas de traballar xa para a seguinte xeración de alumnxs que poidan disfrutar desta experiencia vital tan gratificante. A destacar tamén que ninguén voltou lesionado de gravidade, simplemente algún reposo deportivo, por mor de non estar acostumados a actividade física continuada, ou ben algunha doenza que xa levaban por mor das suas actividades deportivas eiquí.
   Agora esperamos o reporte da avaliación da actividade, confiamo en que sexa satifactoria, e tanto alumnxs como pais/nais estén contentos coa organización e desenvolvemento da actividade deportes de inverno.

   Por último nesta entrada, deixamos unhas fotos de recordo da mesma.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!
























No hay comentarios:

Publicar un comentario