domingo, 26 de diciembre de 2021

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

  Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o sexto curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o quinto dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias sociais e cívicas, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a 208 alumnos dos cursos de segundo de eso e de primeiro de bacharelato.

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 DE NOVIEMBRE - CARRERA SOLIDARIA - SAVE THE CHILDREN - PDC ILLA DE TAMBO

  E chegou o día!!!, e  por segundo ano participamos na carreira solidaria de save the children. Fixémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!, e así disfrutamos dunha mañá marivillosa, na envidiable contorna do concello de Marín. Saímos as 9:30 do noso instituto, con 10 grados e un pouco de orballo, pero sabíamos que a predicción era boa, e así foi!!, camiñamos ata o porto de Aguete, fixemos fotos polo camiño, e unha no destino. Despois todo alumnado disfrutou dos seus xogos nese magnífico areal, e volta ao instituto.

     Moitas grazas pola colaboración dos profesorxs que forman parte do proxecto deportivo de centro, e a secretaria do noso ies, que se nos uniu para suplir unha baixa.  O alumnado participante foi o de 1º e 2º de eso, un total de 123 partiparon na andaina solidaria, cada un co seu dorsal e entregando o carnet solidario coa súa doazón para axudar as nenas do corno de Áfirca, que en tan malas condicións viven. Faremos un cheque co valor total e enviarémolo a save the children para así poder axudalas. 

Disfrutamos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra.

Aquí a reportaxe gráfica:
















    SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

viernes, 12 de noviembre de 2021

25 DE NOVIEMBRE - CARRERA SOLIDARIA - SAVE THE CHILDREN - PDC ILLA DE TAMBO

      É moi grato comunicar a través desta entrada a participación por segundo ano na carreira solidaria de save the children. Facémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!

     O próximo día 25 de novembro coa colaboración dos seis profesores que formamos parte do proxecto deportivo de centro, levaremos a cabo esta carreira solidaria. Farémola co alumnado de 1º e 2º de eso. A parte solidaria será unha recollida voluntaria de cartos no centro para enviarllos a save the children e así poder axudar a nenas desfavorecidas nunha poboación africana. A parte deportiva, iremos  dende o instituto ata Aguete, ida e volta, combinando carreira con andaina. Disfrutaremos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra.

    SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

martes, 2 de noviembre de 2021

CHARLAS TEÓRICO PRÁCTICAS DE RUGBY - PDC ILLA DE TAMBO

     Rugby no Ies Illa de Tambo, o departamento de Educación Física organizou unha actividade conxunta co Pontevedra Rugby Club para dar a coñecer este deporte e tódolos seus enormes valores. Ao longo de toda a seman pasada celebráronse estas sesións co alumnado de 3º e 4º de eso. Todos quedamos maravillados con este extraordinario deporte.

     Eiquí deixamos unhas imaxes que dan conta desta sesións:












SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!


viernes, 29 de octubre de 2021

RECREOS ACTIVOS - PDC ILLA DE TAMBO

Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano ao noso ies voltaron os RECRESO ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Actualmente temos en marcha unha competición de voleibol con 10 equipos mixtos cun total de 70 alumnxs inscritos, e tamén tres grupos de fútbol, outros tres de voleibol, un de habilidades ximnásticas e outro de badmintón, cun total de 92 alumnxs anotados. Esto fai un total de 162 alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.

SAÚDE E VIDA ACTIVA PARA ESTES TRES DÍAS!!! VÉMONOS O MARTES!!!!!!!

viernes, 22 de octubre de 2021

CHARLA 700 CAMISETAS CONTRA LA LEUCEMIA - PDC ILLA DE TAMBO

Ola a todxs!!, facemos esta entrada par dar conta da charla levada a cabo o pasado luns. Foi todo un éxito a charla, e moi de agradecer que haxa xente coma David e Lucía, que poñen todo da súa parte para difundir a menxase de DAR VIDA EN VIDA. O noso alumnado tivo a sorte de a un ano da súa maioría de idade, coñecer de primeira man a importancia de doar médula ósea, para así dar a oportunidade de vivir a persoas coma Lucía, que nos acompañou este luns no noso ies. Todo un orgullo dende o noso proxecto deportivo de centro, poder SUMAR e aportar o noso graniño de area a asociación Fran Gil, no seu ímprovo traballo en prol da divulgación da importancia de donar médula ósea. A documentación queda a disposición de todo o alumnado na aula virtual, nos cursos correspondentes. Así como a enquisa que hai que cubrir para que a asociación teña o feedback das charlas que fai. Tamén quedan dous exemplares do libro publicado por David Gil, e asinados por él, na biblioteca do noso ies. Graciñas a todxs os que SUMARON para poder levar a cabo esta actividade. Desixamos unhas imaxes da charla...
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

domingo, 17 de octubre de 2021

CHARLA 700 CAMISETAS CONTRA LA LEUCEMIA - PDC ILLA DE TAMBO

    Ola a todxs!!, temos o pracer de anunciar nesta entrada a charla que terá lugar no salón de actos do noso ies, mañá luns día 18 de outubro. Serán catro sesións dende as 9:20 da mañá as 13:05, para o alumnado de 1º de bacharelato. Unha interesante actividade englobada no noso proxecto deportivo de centro en prol da educación integral do noso alumnado.

    O promotor da asociación Fran Gil, ven a contarnos en persoa o seu proxecto de sensibilización a sociedade sobor da importancia da doazón de médula ósea. David Gil, compañeiro de estudos e gran profesional do sector, loita por dar visibilidade a esta enfermidade e así poder salvar vidas. Con forza, ilusión, moito traballo e da man da actividade física, fai posible este proxecto, que ven a contarnos en persoa. O ies fará unha donación a asociación e mercou dous exemplares do libro publicado por David, que estará a disposición da comunidade educativa na biblioteca do centro.


DAVID GIL PORTEIRO  

Vigo, 1972

Licenciado en INEF, preparador físico y entrenador personal.

Promotor de la Asociación FranGil

Camino Solidario 700 es una marcha que se realiza cada año para fomentar el registro de donante.

 


La lucha de DAVID GIL para salvar vidas

Su lucha para promover la donación de médula ósea comenzó en 2001 cuando su hermano Francisco fue diagnosticado de leucemia linfoblástica aguda. La muerte de su hermano en 2005 le hizo intensificar sus actividades de divulgación y sensibilización para incrementar el número de donantes

En 2009 corrió 500 kilómetros en 10 días y visitó los 7 hospitales de Galicia en los que se formalizaban los registros de donantes de médula para dejar en cada uno 100 camisetas destinadas a los próximos donantes. Así comienza el proyecto “700 camisetas contra la leucemia”, ligado a una marcha, “Camino Solidario 700”, que se efectúa desde el año 2010.

Asociación FranGil

Asociación sin ánimo de lucro creada en 2019 con el fin de informar y sensibilizar a la población para que aumenten los registros de donantes de médula ósea, vitales para cualquier persona que padezca una enfermedad hematológica, no solo leucemia, que requiera de un trasplante de médula ósea.

Compendio de textos que ilustran momentos y etapas del camino durante 17 años

          DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA- PDC ILLA DE TAMBO

   Vémonos mañá!!!, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!