viernes, 22 de octubre de 2021

CHARLA 700 CAMISETAS CONTRA LA LEUCEMIA - PDC ILLA DE TAMBO

Ola a todxs!!, facemos esta entrada par dar conta da charla levada a cabo o pasado luns. Foi todo un éxito a charla, e moi de agradecer que haxa xente coma David e Lucía, que poñen todo da súa parte para difundir a menxase de DAR VIDA EN VIDA. O noso alumnado tivo a sorte de a un ano da súa maioría de idade, coñecer de primeira man a importancia de doar médula ósea, para así dar a oportunidade de vivir a persoas coma Lucía, que nos acompañou este luns no noso ies. Todo un orgullo dende o noso proxecto deportivo de centro, poder SUMAR e aportar o noso graniño de area a asociación Fran Gil, no seu ímprovo traballo en prol da divulgación da importancia de donar médula ósea. A documentación queda a disposición de todo o alumnado na aula virtual, nos cursos correspondentes. Así como a enquisa que hai que cubrir para que a asociación teña o feedback das charlas que fai. Tamén quedan dous exemplares do libro publicado por David Gil, e asinados por él, na biblioteca do noso ies. Graciñas a todxs os que SUMARON para poder levar a cabo esta actividade. Desixamos unhas imaxes da charla...
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario