Ola a todos!!!
Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por quinto ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso ten unhas características especiais, pero que serán mellores que as do curso pasado, igual non podemos levar a cabo tódalas líneas de actuación do proxecto, pero sí mais que as do curso pasado. Nunhas circunstancias que seguen a ser distintas, pero queremos que siga formando parte da vida do centro e así ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable.
Este curso temos que renunciar a iniciativas deste proxecto que nos gustan moito e resultan moi exitosas, como as actividades didácticas de deportes de montaña e deportes de inverno. Pero por contra continuamos con outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Recuperamos os nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir e que o curso pasado non puidemos facer..., charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.
A primeira das iniciativas, OS RECREOS ACTIVOS, xa os temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!
A primeira das iniciativas, OS RECREOS ACTIVOS, xa os temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario