É moi grato comunicar a través desta entrada a participación por segundo ano na carreira solidaria de save the children. Facémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!
O próximo día 25 de novembro coa colaboración dos seis profesores que formamos parte do proxecto deportivo de centro, levaremos a cabo esta carreira solidaria. Farémola co alumnado de 1º e 2º de eso. A parte solidaria será unha recollida voluntaria de cartos no centro para enviarllos a save the children e así poder axudar a nenas desfavorecidas nunha poboación africana. A parte deportiva, iremos dende o instituto ata Aguete, ida e volta, combinando carreira con andaina. Disfrutaremos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra.
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario