jueves, 25 de noviembre de 2021

25 DE NOVIEMBRE - CARRERA SOLIDARIA - SAVE THE CHILDREN - PDC ILLA DE TAMBO

  E chegou o día!!!, e  por segundo ano participamos na carreira solidaria de save the children. Fixémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!, e así disfrutamos dunha mañá marivillosa, na envidiable contorna do concello de Marín. Saímos as 9:30 do noso instituto, con 10 grados e un pouco de orballo, pero sabíamos que a predicción era boa, e así foi!!, camiñamos ata o porto de Aguete, fixemos fotos polo camiño, e unha no destino. Despois todo alumnado disfrutou dos seus xogos nese magnífico areal, e volta ao instituto.

     Moitas grazas pola colaboración dos profesorxs que forman parte do proxecto deportivo de centro, e a secretaria do noso ies, que se nos uniu para suplir unha baixa.  O alumnado participante foi o de 1º e 2º de eso, un total de 123 partiparon na andaina solidaria, cada un co seu dorsal e entregando o carnet solidario coa súa doazón para axudar as nenas do corno de Áfirca, que en tan malas condicións viven. Faremos un cheque co valor total e enviarémolo a save the children para así poder axudalas. 

Disfrutamos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra.

Aquí a reportaxe gráfica:
















    SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario