Hola a todxs, con motivo do estado de alerta por coronavirus, o blog que viñamos usando para o proxecto deportivo de centro illa de tambo. Pasa a ser usado tamén para facer entradas do departamento educación física, que abrangue as materias de educación física, anatomía aplicada e promoción de estilos de vida saudables.
Este non deixa de ser un vehículo de comunicación no eido da actividade física e deportiva, polo tanto, para facer algo de exercicio físico na casa, así como para concienciarvos na importancia de seguir unha boa alimentación estes días. Cada un dos tres profesores do departamento faremos unha entrada. Tamén versará, de ser o caso, con contidos relacionados co que estábades a traballar. Do mesmo xeito entrade no aula virtual e abride o voso correo electrónico, por ahí tamén recibiredes traballo e información.
Sempre me despido nas entradas deste blog dicindo, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!
NESTE CASO..., SAÚDE!!!!!!!!!!!!!!
E MOITO ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario