miércoles, 4 de marzo de 2020

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE INVERNO

   Un ano mais levamos a cabo esta actividade que xa forma parte da vida do centro e do proxecto deportivo do mesmo. Deste xeito 38 alumnxs de 1º de bacherelato disfrutaron da alta montaña o pasado mes de febreiro.
   A estancia foi dende o día 15 ao día 22, en Andorra, esquiando no dominio de grandvalira. Destacar este ano o especial bo comportamento do grupo, foron felicitados no hotel por ese motivo. Así como o seu compromiso co progreso na actividade física en cuestión. Un altísimo porcentaxe de alumnxs alcanzou un moi bo nivel de esquí, e todos comprenderon os principios básicos deste deporte, así como o funcionamento dos remontes e a estación en xeral. Voltamos polo tanto moi satisfeitos e con gañas de traballar xa para a seguinte xeración de alumnxs que poidan disfrutar desta experiencia vital tan gratificante. A destacar tamén que ninguén voltou lesionado de gravidade, simplemente algún reposo deportivo, por mor de non estar acostumados a actividade física continuada, ou ben algunha doenza que xa levaban por mor das suas actividades deportivas eiquí.
   O reporte que estamos a ter na avaliación da actividade e moi satifactoria, e tanto alumnxs como pais/nais están contentos coa organización e desenvolvemento da actividade deportes de inverno.

   Por último nesta entrada, deixamos unhas fotos de recordo da mesma.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario