jueves, 13 de noviembre de 2014

PDC PONTECESURES - XA COMEZOU A CHAMPIONS DE CESURES 2014-2015



CHAMPIONS LEAGUE CESURES 2014-15

Un ano máis, no pavillón Old Trafford de Cesures,  comeza a Champions League da ESO do noso CPI. Este torneo, que cumpre xa o seu cuarto ano consecutivo, sempre levanta unha sana rivalidade entre os distintos equipos, así como entre as respectivas aficións. Na competición participan alumnos e alumnas de todos os cursos. Algúns xogadores son xa estrelas nos equipos punteiros da comarca e incluso de equipos importantes de toda Galicia.
Parte importante do mérito desta competición reside na auto-organización por parte dos propios alumnos. Neste senso, temos os nosos propios árbitros, normalmente de 4º ESO, como por exemplo Rubén, Lauro e Samuel. Temos ademais os nosos propios xornalistas: as crónicas dos partidos corren a cargo de alumnas de 3º ESO coordinadas por Sofía.
A liga comezou o 15 de outubro co partido entre 1º e 2ºA, que foi moi disputado.  
Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Deportivo de Centro do noso C.P.I., dirixido polo Departamento de Educación Física.
               Participan 5 equipos. A competición celebrarase nos dous recreos dos mércores no polideportivo. 
               En próximas entradas iremos poñendo as crónicas dos partidos disputados.

DATA
EQUIPOS
15-10-14
1º-2ºA
22-10-14
2ºB-3º
29-10-14
4º-1º
05-11-14
2ºA-2ºB
12-11-14
3º-1º
19-11-14
4º-2ºB
26-11-14
2ºA-3º
03-12-14
1º-2ºB
10-12-14
2ºA-4º
17-12-14
3º-4º

miércoles, 22 de octubre de 2014

CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE

  Ola a todos, como estamos a traballar neste comezo de curso unidades didácticas que pertencen a este bloque de contidos, (CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE). Deixovos dous links a dúas noticias que se publicaron na voz de galicia a semana pasada, son curtos, e moi interesantes...

  Trala súa lectura, facede de cada un deles, unha pequena reflexión escrita na libreta de apuntes.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/10/16/cerebro-joven-recupera-borrachera/00031413457962237830664.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/10/15/doce-medidas-prevenir-cancer-recomendadas-organizacion-mundial-salud/00031413383340771431340.htm

  Espero que vos aporte algo a súa lectura, e deste xeito camiñemos xuntos hacía unha vida mais sana. Non esquezades que ese é o obxectivo principal da Educación Física.


miércoles, 8 de octubre de 2014

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO EN MARCHA!!!!!!

  Por terceiro ano académico consecutivo estamos dados de alta no Plan Proxecta da Consellería de Educación. Dentro dos plans da Secretaría Xeral para o Deporte, en concreto nos desenvolvemos o Proxecto Deportivo de Centro. Este proxecto témolo integrado no PEC (proxecto educativo de centro), por tanto toda a comunidade educativa está involucrada no mesmo.

  Neste comezo de curso, xa temos tres liñas de actuación en marcha, a saber:

  - Como o curso pasado estamos a pasar a plataforma DAFIS, datos de actividade física saudable. Eiquí queda o link con mais información. DAFIS

  - Tamén comezamos coas actividades na natureza: Piragüismo no Río Ulla coa colaboración do Clube Náutico de Pontecesures, para 1º e 2º de ESO. E comezamos tamén coa organización da Actividade de Deportes de Inverno - Esquí, para 3º e 4º de ESO.

   - Por último estamos pondo en marcha a xunta de delegados deportivos para coordinar tódalas actividades físicas que se poden organizar nos recreos, así coma o programa de préstamos de material.

   A SEGUIR MOVÉNDONOS!!!!, AÍNDA QUE CHOVA!!!!

viernes, 26 de septiembre de 2014

GOZA DO ULLA 2014

  Ola a todos, neste comezo de curso, e dentro do Proxecto Deportivo de Centro, queremos animarvos a todos a participar nesta interesante andaina.

  Vai facer bo tempo, non hai desculpa para non facer actividade física ao aire libre!!!, en familia!!!

   Aquí vos vai o cartel. ANIMÁDEVOS!!!!!




miércoles, 25 de junio de 2014

GAÑADORES DO PREMIO AO ALUMNO INTEGRAL 2014

   Como xa comentamos noutra entrada, o espíritu deste premio e que todos tentemos mellorar para ser o alumno integral, témonos que preocupar de facer actividade física, de progresar nas nosas aprendizaxes académicas, e por suposto ser bos rapaces. Estes son os premiados deste curso. Confiamos en que esto vos anime, a todos!!!, a avanzar e mellorar en tódolos ámbitos!!!

    Aquí están os premiados coas suas bolsas deportivas grabadas co nome, os seus trofeos, os libros, os compás para non perder o norte e mais o agasallo do concello.

    Con isto damos por pechado o premio ao alumno integral 2014.

    Noraboa!!!!!!



martes, 24 de junio de 2014

RUTA DE SENDEIRISMO

  Coma estaba previsto o pasado Venres, fixemos a ruta ata o petroglifo da pedra da serpe. Tivemos un día perfecto para facer a camiñata, e aínda que algún alumno dixo que era moito camiñar..., penso que todos o pasaron ben. E o mais importante, que 70 alumnos e 9 profesores disfrutamos da actividade física ao aire libre. Unha actividade na natureza mais, dentro do noso porxecto deportivo de centro!!

   Aquí vos deixo fotos para o recordo...





















lunes, 9 de junio de 2014

ACTIVIDADES NA NATUREZA - CURSO 2013 - 2014

  Ola a todos!!, eiquí vos deixo os dous enlaces para que disfrutedes das memorias en power point das activdades na natureza. Están subidas a slideshare, para que a parte de visionalas na clase coa súa música, tamén as teñades a dispoción no blog.

  Deportes naúticos - actividade didáctica -  piragüismo:




   Deportes de inverno - actividade didáctica - esquí: