CHAMPIONS LEAGUE CESURES 2014-15
Un ano máis, no pavillón Old Trafford de
Cesures, comeza a Champions League da
ESO do noso CPI. Este torneo, que cumpre xa o seu cuarto ano consecutivo,
sempre levanta unha sana rivalidade entre os distintos equipos, así como entre as
respectivas aficións. Na competición participan alumnos e alumnas de todos os
cursos. Algúns xogadores son xa estrelas nos equipos punteiros da comarca e
incluso de equipos importantes de toda Galicia.
Parte importante do mérito desta competición
reside na auto-organización por parte dos propios alumnos. Neste senso, temos
os nosos propios árbitros, normalmente de 4º ESO, como por exemplo Rubén, Lauro
e Samuel. Temos ademais os nosos propios xornalistas: as crónicas dos partidos
corren a cargo de alumnas de 3º ESO coordinadas por Sofía.
A liga comezou o 15 de outubro co partido
entre 1º e 2ºA, que foi moi disputado.
Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Deportivo de Centro do noso C.P.I., dirixido polo
Departamento de Educación Física.
Participan 5 equipos. A competición
celebrarase nos dous recreos dos mércores no polideportivo.
En próximas entradas iremos poñendo as crónicas dos partidos disputados.
DATA
|
EQUIPOS
|
15-10-14
|
1º-2ºA
|
22-10-14
|
2ºB-3º
|
29-10-14
|
4º-1º
|
05-11-14
|
2ºA-2ºB
|
12-11-14
|
3º-1º
|
19-11-14
|
4º-2ºB
|
26-11-14
|
2ºA-3º
|
03-12-14
|
1º-2ºB
|
10-12-14
|
2ºA-4º
|
17-12-14
|
3º-4º
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario