miércoles, 8 de octubre de 2014

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO EN MARCHA!!!!!!

  Por terceiro ano académico consecutivo estamos dados de alta no Plan Proxecta da Consellería de Educación. Dentro dos plans da Secretaría Xeral para o Deporte, en concreto nos desenvolvemos o Proxecto Deportivo de Centro. Este proxecto témolo integrado no PEC (proxecto educativo de centro), por tanto toda a comunidade educativa está involucrada no mesmo.

  Neste comezo de curso, xa temos tres liñas de actuación en marcha, a saber:

  - Como o curso pasado estamos a pasar a plataforma DAFIS, datos de actividade física saudable. Eiquí queda o link con mais información. DAFIS

  - Tamén comezamos coas actividades na natureza: Piragüismo no Río Ulla coa colaboración do Clube Náutico de Pontecesures, para 1º e 2º de ESO. E comezamos tamén coa organización da Actividade de Deportes de Inverno - Esquí, para 3º e 4º de ESO.

   - Por último estamos pondo en marcha a xunta de delegados deportivos para coordinar tódalas actividades físicas que se poden organizar nos recreos, así coma o programa de préstamos de material.

   A SEGUIR MOVÉNDONOS!!!!, AÍNDA QUE CHOVA!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario