jueves, 14 de noviembre de 2024

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

  Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o noveno curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o oitavo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a mais de douscentos alumnxs dalgún grupo dos cursos de primeiro e segundo. E a tódolos grupos de terceiro e cuarto de eso e de primeiro de bacharelato. 

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario