Dentro do apartado de colaboracións coas entidades deportivas do concello de Marín, este curso o alumnado do noso centro de 1º e 2º da ESO está a participar durante estes días nun proxecto chamado Boxing4Change. O boxeo será o eixo central buscando a educación en valores e a integración.
Todo iso vén promovido polo proxecto deportivo de centro en colaboración coa Fundación Scolas Ocurrentes, a Federación Española de Boxeo e os técnicos do Clube Team Thunder de Marín.
Deixamos eiquí unhas imaxes da actividade.
E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario