jueves, 14 de noviembre de 2024

PDC ILLA DE TAMBO - BOXEO

   Dentro do apartado de colaboracións coas entidades deportivas do concello de Marín, este curso o alumnado do noso centro de 1º e 2º da ESO está a participar durante estes días nun proxecto chamado Boxing4Change. O boxeo será o eixo central buscando a educación en valores e a integración.

  Todo iso vén promovido polo proxecto deportivo de centro en colaboración coa Fundación Scolas Ocurrentes, a Federación Española de Boxeo e os técnicos do Clube Team Thunder de Marín.

   Deixamos eiquí unhas imaxes da actividade.



















   E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

  Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o noveno curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o oitavo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a mais de douscentos alumnxs dalgún grupo dos cursos de primeiro e segundo. E a tódolos grupos de terceiro e cuarto de eso e de primeiro de bacharelato. 

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

PDC ILLA DE TAMBO

 Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por oitavo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso continuaremos con tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso continuaremos con todas as actividades, destacando as actividades didácticas de deportes de montaña e deportes de inverno. Outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Luz López, Noelia Álvarez, Lourdes Senra, Antonio Novo e Sabela Córdoba.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!