Dentro do apartado de colaboracións coas entidades deportivas do concello de Marín, este curso o alumnado do noso centro de 1º e 2º da ESO está a participar durante estes días nun proxecto chamado Boxing4Change. O boxeo será o eixo central buscando a educación en valores e a integración.
jueves, 14 de noviembre de 2024
PDC ILLA DE TAMBO - BOXEO
PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS
Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o noveno curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o oitavo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.
Pasamos as probas a mais de douscentos alumnxs dalgún grupo dos cursos de primeiro e segundo. E a tódolos grupos de terceiro e cuarto de eso e de primeiro de bacharelato.Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/
Ata a próxima entrada..., e mentres...
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!
PDC ILLA DE TAMBO
Ola a todos!!!
Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por oitavo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso continuaremos con tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!
miércoles, 12 de junio de 2024
PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR
OLA A TODOS!!!!!
Este fermoso roteiro foi co curso de 3 de eso, en colaboración con normalización lingüística, o departamento de orientación e a vicedirección levámolo a cabo. Cun día expléndido para a camiñata, onte disfrutamos con este alumnado desta actividade.
Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo cara a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín.
Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!
miércoles, 24 de abril de 2024
PDC ILLA DE TAMBO - ATLETISMO
Nesta entrada imos dar conta dunha actividade do noso proxecto deportivo de centro. Unha xornada de atletismo, nas instalacións deportivas municipais da Raña. Este traballo foi levado a cabo coa colaboración de Víctor Riobó, laureado atleta desta vila, e que cursou os seus estudios no noso instituto. Un placer poder contar con él, o seu compromiso en prol de educar nunha vida sana e activa é indudable. Tentaremos repetir esta iniciativa o curso que ven.
A actividade consistiu nunha caminata dende o instituto a instalación deportiva. Charla a cargo de Victor Riobó. Sesión práctica a cargo de tres monitores, o propio Víctor e os dous profesores de educación física do ies, que consistiu en ir rotando en grupos, polas seguintes estacións: 80 metros, lanzamento de vortex (xabalina), lanzamento de peso e salto de lonxitude, así como unha proba de relevos de 4x100 metros. En cada estación recibiron as explicacións técnicas pertinentes e fixeron o traballo práctico. Tras pasar os 51 alumnxs que participaron na actividade por tódalas estacións, fixemos unha parada para merendar e beber, e facer a conclusión da actividade. Ao terminar a xornada de atletismo, voltamos camiñando ao instituto.
Un éxito de xornada, que tentaremos repetir, co alumnado de 2º de eso o curso que ven.
Dende o departamento de educación física queremos dar a gracias a Víctor, ao equipo directivo e ao concello de Marín, por facer posible esta actividade.
Agora unhas imaxes que reflexan a actividade levada a cabo.
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!
viernes, 19 de abril de 2024
PDC ILLA DE TAMBO - CHARLA 700 CAMISETAS CONTRA LA LEUCEMIA - ASOCIACIÓN FRAN GIL
Ola a todxs!!, facemos esta entrada par dar conta da charla levada a cabo onte no noso ies. Foi todo un éxito a charla, e moi de agradecer que haxa xente coma David, que poñen todo da súa parte para difundir a menxase de DAR VIDA EN VIDA. O noso alumnado tivo a sorte de a un ano da súa maioría de idade, coñecer de primeira man a importancia de doar médula ósea, para así dar a oportunidade de vivir a outras persoas. Todo un orgullo dende o noso proxecto deportivo de centro, poder SUMAR e aportar o noso graniño de area a asociación Fran Gil, no seu ímprovo traballo en prol da divulgación da importancia de donar médula ósea. Recordar que temos dous exemplares do libro publicado por David Gil, e asinados por él, na biblioteca do noso ies. Graciñas a todxs os que SUMARON para poder levar a cabo esta actividade. Desixamos unhas imaxes da charla...
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!