martes, 7 de noviembre de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

 Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano contamos de novo cos RECREOS ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Actualmente estánse a facer equipos para tentar de montar unha competición de fútbol sala e outra de voleibol. De forma paralela hai entre ximnasio e pabillón cinco grupos de fútbol, outro de voleibol, un de balonmán e outro de badmintón, cun total de 108 alumnxs anotados. Todxs estes alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.













    E SEN MAIS!!!, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

 Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o oitavo curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o séptimo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a cento vintecinco alumnxs dos cursos de segundo de eso e de primeiro de bacharelato.

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

lunes, 2 de octubre de 2023

PDC ILLA DE TAMBO

 Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por séptimo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso continuaremos con tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso continuaremos con todas as actividades, destacando as actividades didácticas de deportes de montaña e deportes de inverno. Outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Luz López, Noelia Álvarez, Lourdes Senra e Antonio Novo.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

miércoles, 14 de junio de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - MATEMÁTICAS/DAFIS

     Ola a todxs, nesta entrada imos contar que o alumnado de 4º de ESO do Illa de Tambo, está a levar a cabo un estudo estatístico sobre a forma física do alumnado do centro. Os datos aportados ó alumando, foron cedidos polo departamento de educación física, e son os datos de dafis.

     Os profesores de matemáticas, tanto de aplicadas como de académicas de 4º de eso, Ricardo Tenor e Elena Lourido. están a levar a cabo esta actividade na aula de referencia e na aula de informática, xa que o obxectivo é que fagan cálculos teóricos cos datos aportados e logo sexan quen de levalos a unha folla de cálculo. Desta forma queremos que observen as vantaxes das novas tecnoloxías, que nos permiten sacar información dun xeito máis rápido e aprendan tamén a utilizar novas ferramentas, como é a folla de cálculo.

     A partir destes datos e logo de buscar en internet cales son os rangos do alumnado do que están a facer o estudo, sacar unha conclusión da condición física en cada unha das probas analizadas.


     Eiquí deixamos unhas imaxes do alumnado traballando e do propio tra

















E SEN MAÍS, SAÚDE, VIDA ACTIVA E VO VERÁN PARA TODXS!!!


martes, 6 de junio de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR

 OLA  A TODOS!!!!!

   
Este curso académico xa recuperamos todas as actividades do proxecto deportivo de centro, co cal a posta en marcha deste fermoso roteiro foi co curso que o facía habitualmente, que é 3 de eso, en colaboración con normalización lingüística, o departamento de orientación e a vicedirección levámolo a cabo. Cun día expléndido para a camiñata, onte disfrutamos con este alumnado desta actividade.

     Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín,

     Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!












     SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!

martes, 23 de mayo de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - ACTIVIDADE/CARREIRA DE ORIENTACIÓN NA FINCA DE BRIZ

    Ola a todxs, nesta entrada damos conta dunha magnífica actividade que levamos a cabo en colaboración co Concello de Marín e a agrupación deportiva Xesta Natureza. Nunha ubicación maravillosa deste concello coma é a finca de Briz, levouse a cabo onte esta actividade. Agradecer a profesora Elena Lourido, que forma parte deste proxecto deportivos de centro, poñernos na pista da mesma, ao concello, a organización desta actividade e aos monitores de Xesta Natureza,, gracias pola vosa implicación e bo facer. Por parte do departamento de educación física decidimos levar a primeiro de eso, un total de 73 alumnxs, divididos en dous grupos que participaron nesta estupenda actividade. Disfrutaron moito facendo exercicio ao aire libre, e coñecendo un pouco mais o deporte da orinetación. Deixámosvos eiquí unhas fotos da xornada.























SEN MAÍS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!