Ola a todxs, nesta entrada damos conta dunha magnífica actividade que levamos a cabo en colaboración co Concello de Marín e a agrupación deportiva Xesta Natureza. Nunha ubicación maravillosa deste concello coma é a finca de Briz, levouse a cabo onte esta actividade. Agradecer a profesora Elena Lourido, que forma parte deste proxecto deportivos de centro, poñernos na pista da mesma, ao concello, a organización desta actividade e aos monitores de Xesta Natureza,, gracias pola vosa implicación e bo facer. Por parte do departamento de educación física decidimos levar a primeiro de eso, un total de 73 alumnxs, divididos en dous grupos que participaron nesta estupenda actividade. Disfrutaron moito facendo exercicio ao aire libre, e coñecendo un pouco mais o deporte da orinetación. Deixámosvos eiquí unhas fotos da xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario