Hola a todxs!!!!!!
Como moitxs xa tedes entregado o traballo do sistema nervioso, que ten como fecha límite o próximo día 26 de abril. Colgueivos no aula virtual o seguinte tema, o sistema endocrino. Este tema terá como fecha límite de entrega o día 10 de maio, a entrega farase ao igual que o anterior no correo electrónico fbuceta@edu.xunta.es
Como xa vos aclarei na anterior entrada e a través do grupo de whatsapp que temos habilitado. A miña intención e que cumprades prazos de entrega dos temas que vamos traballando e do traballo de investigación deste terceiro trimestre. Para así axudarvos a organizar o voso proceso de ensinanza-aprendizaxe. Que neste caso será de descubrimento guiado, teredes que ir traballando e aprendendo, que é do que se trata, de aprender algo. E iso co meu apoio e axuda a través do correo e do móvil.
Con esto teremos suficiente para dar por rematado o curso.
ALIMENTÁDEVOS BEN, FACEDE EXERCICIO E DISFRUTADE DE APRENDER TRANQUILOS E CON CALMA.
FORZA, RESILIENCIA E SAÚDE!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario