domingo, 5 de abril de 2020

ANATOMÍA APLICADA - 1º BACHARELATO

   Hola a todxs!!!!!!

   Con esta entrada quero darvos tranquilidade, e como a situación de emerxencia sanitaria se prolonga, explicarvos o que imos facer de agora en diante, de cara a darvos certidumbres.

   O curso o temos practicamente feito, tedes traballado moito e ben. Simplemente temos que traballar doutro xeito os temas que nos quedaban por impartir, para completar un pouco o coñecemento do corpo humán que xa tedes, e así rematar o curso cunha visión mais global.

   Un dos cambios que imos implementar, e o do traballo de investigación que tiñamos pendiente para a terceira avaliación. Farémolo de forma individual, e a entrega do mesmo será vía whatsapp, polo peso dos mesmos. Facedes unha grabación da voxa voz, explicando o mais didacticamente posible o que vades pasando na pantalla do dispositivo que estedes a usar. O prazo de entrega ten como fecha límite o 24 de maio.

   O outro cambio vai ser a forma de traballar os temas. Colgareivos no aula virtual, nun curso que se chama anatomía aplicada, e no que xa estades matriculados, o tema a traballar. O primeiro xa o tendes, e o sistema nervioso. Do que se trata, e de que fagades unha presentación do tema,  resumindo, esquematizando, facendo achegas de vídeos, de fotos, profundizando, cada un como considere oportuno e mais eficaz. Pero sempre usando como base o tema colgado no aula virtual. Ese traballo elaborado do tema coas tics, será enviado ao meu correo electrónico, fbuceta@edu.xunta.es. A través do grupo de whatsapp dareivos aviso dos temas que imos colgando e o prazo de entrega dos mesmos. Este primeiro tema ten que estar entregado antes do 26 de abril.

   A miña intención e que cumprades prazos de entrega dos temas que vamos traballando e do traballo de investigación deste terceiro trimestre. Para así axudarvos a organizar o voso proceso de ensinanza-aprendizaxe. Que neste caso será de descubrimento guiado, teredes que ir traballando e aprendendo, que é do que se trata, de aprender algo. E iso co meu apoio e axuda a través do correo e do móvil.
Con esto teremos suficiente para dar por rematado o curso.

   No caso de incorporarnos as aulas ao final de curso, faríamos un único examen tipo test, como o resto do curso, dos temas tratados neste terceiro trimestre. Os alumnxs con materia pendente da primeira e/ou segunda avaliación, farían a correspondente recuperación.

   SEN MAIS, ESPERO TERVOS ACLARADO E DADO TRANQUILIDADE E CERTIDUMBRE. TAN NECESARIA NESTE TEMPO QUE ESTAMOS A VIVIR.

   ALIMENTÁDEVOS BEN, FACEDE EXERCICIO E DISFRUTADE DE APRENDER TRANQUILOS E CON CALMA.

FORZA, RESILIENCIA E SAÚDE!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario