Eiquí estamos un curso mais, e xa é o terceiro consecutivo no Ies Illa de Tambo, participando no plan proxecta co noso proxecto deportivo de centro. Ao longo do mes de setembro buscamos profesorado que se quisexe implicar na iniciativa e no mes de outubro presentamos o noso proxecto.
Este curso contamos coa participación dos profesores de educación física e tamén co traballo de tres profesoras dos departamentos de lingua galega, xeografía e historia, e relixión. Faremos duas actividades de caracter multidisciplinar que implican actividade física e estas tres profesoras formaran parte do proxecto nesas actividades, unha ledicia poder contar con elas.
Os profesores de educación física desenvolveremos os recreos activos, a atividade de ioga para escolares, pasaremos a plataforma dafis, levaremos a cabo as actividades de deportes de inverno e deportes de montaña. Así como todo o que poida xurdir ao longo do curso nas reunións periódicas que faremos.
A próxima entrada, plataforma DAFIS.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario