Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o cuarto curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o terceiro dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias sociais e cívicas, así como nas suas competencias motrices.
Pasamos as probas a case douscentos alumnos dos cursos de cuarto de eso e de primeiro de bacharelato.
Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/
Ata a próxima entrada..., e mentres...
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario