Xa estamos de volta, despois de pasar un ano mais unha semana en Andorra, disfrutando dos deportes de inverno!!! Os alumnos participantes nesta actividade didáctica foron os de 3º e 4º da ESO. Como ven sendo xa tradición, levamos a cabo a actividade co CPI de Barrantes. Ámbolos dous centros saen beneficiados, xa que cada un pola súa conta tería complicado realizar a viaxe. Estes catro anos de actividade en común, teñen un saldo moi positivo, xa que o estar dous profesores de Educación Física na montaña, a hora de seguir traballando cos alumnos, ao rematar as horas co monitor, fai que estes avancen moitísimo mais rápido no aprendizaxe deportivo.
Aquí vos quedan unhas instantáneas da actividade:
No hay comentarios:
Publicar un comentario