jueves, 16 de enero de 2014

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - DAFIS

 Esta é a plataforma de Datos de Actividade Física Saudable. Como unha liña de actuación mais no noso PDC, fixemos o curso de formación, e agora neste trimestre pasaremos a todo o noso alumnado a batería de probas.

  O fin deste traballo, non e so valorar o estado da condición física saudable, que todos os profesores o facíamos. Senón que a utilidade desta ferramenta e que todos os profesores imos pasar as mesmas probas, probas escollidas polas suas evidencias científicas na concordancia coa saúde. Do mesmo xeito tódolos datos se cargarán nunha plataforma dixital para poder sacar datos macro, e así establecer liñas de actuación. O anonimato do alumnado e os seus datos está garantizado. Faise a través do Xade, que é  a plataforma que se usa na Consellería de Educación.

  O noso PDC non para de medrar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario