CRÓNICA DO PARTIDO: 3º A VS 3ºDIVER
3ºA: 12 -- 3ºDIVER: 2
*Primeiro
partido de liga.
Foi un partido no que claramente dominaron
os de “A”, eso reflexouse no marcador. Non houbo a penas faltas durante todo o
encontro. Coa salida de Samuel García (que foi sustituído por Fran Refojo na
segunda parte), os de “A” perderon un pouco de intensidade no ataque, pero
reforzaron a defensa, pois na segunda metade non encaixaron ningún gol; polo
contrario, os de Diversificación defenderon peor a causa da lesión dun dos seus
xogadores (Xurxo García). Non houbo expulsións.
CRÓNICA DO PARTIDO: EQUIPO FEMENINO VS 2ºA
EF: 2 –
2ºA: 9
Foi
un partido normal e corrente. As rapazas necesitaron axuda dun compañeiro
(Samuel García) para meter os seus dous goles e máis doutro, (Samuel Castro)
para intentar que o balón non pasase da liña de meta. Segundo A, rapaces
futbolistas, gañaronlle ás rapazas por sete goles máis. Non había nada que
facer, xa que, os rapaces dominaban o fútbol e as rapazas o baloncesto. Antía
Sanmarco, a titular do equipo, case mete un gol. María Navarro, a pesar de que
non tiña roupa apropiada para xogar, quedou de porteira e parou outro. Por
outra parte, Jacobo, porteiro/xogador de segundo, púxose a celebrar un gol que
meteran nese momento os do seu equipo, e mentres, Samuel García, o xogador de
terceiro, tirou desde medio campo e meteu.
CRÓNICA DO
PARTIDO: 3º ESO VS 1ºA
3º ESO:14- 1ºA:1
Foi un
partido moi interesante. Os de terceiro ganaronlles por 13 goles máis aos de
primeiro. Neste partido, de terceiro meteron Samuel García (6 goles) , Samuel
Castro (4 goles), Santi Gándara (3 goles) e Daniel Olivera (1 gol). Mentres
paraban o balón, Samuel García aprobeitaba para comer sen que o árbitro o
amonestara. O único gol de primeiro meteuno Jose Castaño. Rabia dende as
bancadas cara aos de 3º de ESO.
CRÓNICA DO PARTIDO:
4ºESO Vs 1ºA
4º ESO:3-1ºA:0
Foi un partido no
que houbo moitas ocasións, na primeira parte so unha acabou pasando a liña de
meta. Na 2ª houbo menos ocasións pero 4º soupo aproveitar as poucas que tivo
metendo dous goles. No partido tivo lugar un enfrentamento entre os irmáns
Santamaría López, o seu comportamento foi deportivo.
Varios xogadores de
4º estaban nunhas condicións físicas moi
discutibles.
CRÓNICA DO PARTIDO: EF VS 1ºA
EF: 5 – 1ºA: 6
Partido moi entretido. O equipo
feminino empezou con moi bo pé (ao longo do partido necesitaron a axuda de Samuel García, Misael e Lorenzo,
aínda que o que máis estivo no campo foi Samuel). Tiveron moi boa defensa e
ataque. Os goles foron: 2 de Samuel, 2 de Antía Sanmaro e 1 de María. Esther
quedou de porteira durante casi todo o partido e parou moitísimos goles. Sofía
parou un gol na segunda parte. Verena, que estaba de defensa, parou tres goles.
A xente de 3º festexaba os goles do equipo feminino, e nas gradas, os de 1º
festexaban os de 1ºA. Na segunda parte, o equipo feminino ía remontando, pero
no último segundo antes de que o árbitro pitara o final do partido, Jose
Castaño, xogador de primeiro, meteu un
gol dende medio campo. De 1º A meteron: 2 goles Uziel, 2 Lois, 1 Álvaro e 1
Jose Castaño. Estes gañaron por ese gol no último segundo. Para ser rapazas, as
do equipo feminino xogaron moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario