Pontecesures acollerá o vindeiro 30 de novembro unha
nova edición da Andaina Solidaria. A iniciativa, impulsada polo Concello de
Pontecesures, a Fundación Amigos de Galicia e o programa Galicia Saudable da
Xunta de Galicia, conta tamén coa colaboración de Finsa e Alisal. Nesta
ocasión, faise coincidir coa recollida de alimentos a nivel nacional para loitar contra a fame.
A
andaina, de dificultade baixa, partirá ás 10:00 horas da Plazuela e recorrerá oito
kilómetros polo casco urbano e arredores,chegando a Infesta, Porto, Condide e
San Xulián. Non será necesaria inscrición. Para participar o único requisito é
a entrega á organización de alimentos non perecedeiros, e a cambio os participantes recibirán
unha camiseta de agasallo.
Todos
os alimentos reunidos serán entregados á Fundación Amigos de Galicia. Tamén se
poden entregar estes alimentos durante a semana na Casa do Concello e nos
establecementos locais adheridos á campaña.
Desde
a organización do acto tamén se fai unha chamada a todos aqueles que queiran colaborar
nesta actividade. Poden axudar de moitos xeitos: como voluntarios e mesmo organizando un grupo de voluntarios
con amigos e/ou familiares e tamén difundindo esta mensaxe entre os coñecidos
para crear unha cadea solidaria que permita chegar a moita máis xente.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario